Normativa de admisión de alumnos
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, que regula a Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 11/02/2022).
Orde do 21 de outubro de 2022, que desenvolve o decreto 13/2022 e regúlase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 8/11/2022).
DOCUMENTACIÓN DE ADMISIÓN DE NOVOS ALUMNOS
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
- Anexo II (ED550B) e Anexo II bis.
- Fotocopia do DNI, folla do libro de familia ou rexistro de nacemento do alumno.
- Certificado de matrícula do colexio actual (só alumnos que soliciten cambio de Centro escolar).
Datas: do 1 ao 20 de Marzo.
Recoller a solicitude e entregala na secretaría do centro.Só se pode presentar unha única solicitude (ANEXO II) no centro de primeira opción. O alumnado con reserva de praza (ANEXO I) nun centro deberá comunicar á renuncia á reserva se presenta solicitude de admisión noutro centro.
CRITERIOS DE BAREMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA
Presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas. A presentación da documentación complementaria é VOLUNTARIA. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.
Datas: 10 días hábiles a partires dos 2 seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
CRITERIOS DE BAREMACIÓN E DOCUMENTACIÓN
1.- Irmáns no centro. Copia completa do libro de familia e certificación da dirección do centro, ou resolución da Consellería de Traballo e Benestar no suposto de acollemento.
2.- Pais que traballen no centro. Certificación do centro.
3.- Proximidade do domicilio familiar. Certificado do Padrón Municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A alta terá unha antigüidade mínima dun ano, (agás circunstancias xustificadas) e o certificado deberá estar expedido dentro do ano natural que corresponda.
4.- Proximidade do lugar de traballo. (non acumulable con domicilio)
Traballadores por conta allea: Documento expedido polo empregador/a e copia do contrato de traballo.
Autónomos: Alta censual inicial perante a AEAT, coas súas modificacións.
Persoal ao servizo das administracións públicas: Certificación expedida pola xefatura de persoal correspondente.
5.- Renda da unidade familiar. Autorización expresa para a utilización da información de carácter tributario polos dous proxenitores cónxuxes.
Sumar casiñas 380+ 395 declaración 2022.
Se o resultado é inferior 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto.
Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos
6.- Discapacidades. Certificación do grao de minusvalía expedido pola Consellería de Traballo e Benestar, ou polo órgano competente das administracións públicas.
7.- Familia numerosa. Autorizar a consulta automática de datos, na solicitude.
8.- Familia monoparental. Certificación de recoñecemento da Direción Xeral de Familia, Infancia e Dinam. Demográfica.
9.- Criterio complementario establecido polo Centro. Cada centro sinalará a forma de acreditalo. No caso do noso Colexio:Pai, nai ou representante legal (algún deles), do alumna/o solicitante sexa antigo alumno do propio centro ou doutros Centros Educativos Vicencianos.
10.- Discapacidade do alumno, pais ou irmáns igual ou superior ao 33% ou percepción dunha pensión da S.S por incapacidade. Autorizar a consulta automática de datos, na solicitude.Xustificación do cobro dunha pensión da S.S por incapacidade.
NOTA IMPORTANTE: A Documentación que se presente debe ser orixinal ou copia cotexada.
DATAS A TER EN CONTA NO PROCESO
Do 1 ao 20 de marzo ambos os dous inclusive. Presentación de Solicitudes de admisión. Documentos a presentar :
1. Solicitude debidamente cuberta. (ANEXO II)
2. Fotocopia da folla de inscrición no libro de familia ou DNI.
3. Só en caso de NEAE (necesidades específicas de apoyo educativo): Achega da documentación pertinente.
4. Certificado de matrícula do colexio actual (só alumnos que soliciten cambio de Centro escolar).
10 días hábiles a partires dos 2 seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas.
Antes do 25 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos
Antes do 15 de maio. Publicación das listaxes definitivas
Do 20 de xuño ao 30 de xuño. Formalización da matrícula de Infantil e Primaria.
Do 23 de xuño ao 7 de xullo. Formalización da matrícula para alumnos ESO