Proxectos - Aprendizaxe Cooperativa

A aprendizaxe e o traballo cooperativo é un enfoque que trata de organizar as actividades dentro da aula para convertelas nunha experiencia social e académica que fomenta o traballo en grupo e a realización das tarefas de maneira colectiva. A aprendizaxe, neste enfoque, depende do intercambio de información entre os estudantes, os que se motivan tanto para lograr o seu propio aprendizaxe como para acrecentar os logros dos demais.

Agora ben, a dinámica cooperativa non elimina, nin moito menos, o traballo, o estudo e a exercitación individual, senón que os sitúan dentro dun marco grupal, no que todos os alumnos son co-responsables, en certa medida, da súa propia aprendizaxe e da dos seus compañeiros. Deste xeito, aumenta o nivel de procesamento da información, o rendemento e logro académicos, o esforzo persoal, a produtividade, as relacións de axuda, a saúde psicolóxica, a competencia social e a autoestima.

As principais ideas na aprendizaxe cooperativa pódense definir como:

1. Formación de grupos.

2. Interdependencia positiva.

3. Responsabilidade individual.

4. Participación equitativa.

5. Interacción simultánea.

6. Interacción cara a cara.

Só poden aprender xuntos alumnos diferentes nunha clase organizada cooperativamente, na cal todos colaboran e cooperan, axúdanse, para acadar o obxectivo común de progresar na aprendizaxe, cada un ata o máximo das súas posibilidades.

E non pode haber propiamente cooperación sen o desenvolvemento da solidariedade e o respecto ás diferenzas que a cooperación supón.

 

              

A continuación, recollemos algunhas das vantaxes que ofrecen as dinámicas de cooperación na aula:

·       Consegue aumentar a variedade e a riqueza de experiencias que a escola proporciona.

·       Contribúe significativamente ao aumento da cantidade e calidade das interaccións entre alumnos.

·       Fomenta a asimilación de novas estratexias para aprender a aprender, a partir da observación doutros modelos.

·       Ofrece múltiples oportunidades para desenvolver destrezas complexas de pensamento crítico.

·       Permite que as súas producións sexan máis ricas e estean máis conseguidas, xa que se basean en propostas e solucións de suxeitos con experiencias e coñecementos distintos.

·       Aumenta a motivación cara á aprendizaxe escolar.

·       Mellora o rendemento académico, xera un compromiso coa propia aprendizaxe e o dos compañeiros que fomenta o apoio e a axuda mutua.

·       Reduce a ansiedade, xa que favorece a autoestima dos alumnos e a confianza en si mesmos.

·       Favorece a integración e a comprensión intercultural e contribúe a compensar situacións de exclusión social

·       Fomenta unha maior cohesión dentro do grupo-clase, potenciada polo desenvolvemento de actitudes de apertura, amizade e confianza, que derivan no achegamento e integración entre compañeiros. 

·       Contribúe á mellora do clima de centro.

Tal como defende a UNESCO, as escolas ordinarias cunha orientación inclusiva, cunha pedagoxía centrada nos nenos e as nenas e basada na cooperación –tanto entre os mestres e mestras á hora de ensinar, como entre os alumnos e as alumnas á hora de aprender- son o medio máis eficaz para lograr unha educación integral para todos.

                     




@njpraga tweets