O Proxecto Educativo é o marco regulador e integrador do conxunto de principios, fins, plans concretos e recursos que guín o noso traballo.
O Proxecto Educativo constitúe o documento que expresa os sinais de identidade do noso colexio. É o auténtico referente do principio de autonomía pedagóxica e de organización.
OS NOSOS OBXECTIVOS
A fin do noso traballo está orientado ao desenvolvemento integral da persoa. Seguindo aos nosos fundadores, Vicente de Paúl e Luisa de Marillac buscamos a integración social dos alumnos, a sensibilización polos máis necesitados e saber axudar aos demais. Buscamos compromiso coa xustiza e a solidariedade universal, cunha participación activa na transformación e mellora da sociedade.
Ademais queremos ter un clima educativo baseado na sinxeleza, no traballo e no esforzo persoal para conseguir a excelencia. Teremos en conta a importancia da natureza, a vida e fomentaremos o progreso da ciencia e tecnoloxía dende un punto de vista responsable.
A nosa acción educativa está baseada nunha pedagoxía aberta, flexible e constructiva que se adapta ás necesidades dos alumnos e que incorpora as innovacións didácticas que a calidade educativa esixe, centrándose nunha educación en valores. Así favoreceremos unha educación integral de todas as dimensións do alumnado, atención á diversidade, o compromiso social, a relación de cercanía e colaboración e tamén unha educación para o ocio.
O noso Proxecto Educativo está composto polos seguintes plans e proxectos:
- Plan de orientación, acción titorial, orientación académica, profesional e vocacional.
- Plan de convivencia e Regulamento de Réxime Interior.
- Plan de Autoprotección.
- Plan de atención á diversidade.
- Plan de mellora da calidade educativa.
- Plan de avaliación.
- Plan de dixitalización e TRICs.
- Plan de Pastoral educativa.
- Proxecto Lingüístico de centro.
- Plan Lector.
- Plan de formación e actualización do profesorado.
- Plan de calidade: excelencia en xestión educativa.