Exames de Cambridge
Durante o curso proporciónase información sobre as diferentes convocatorias dos exames de Cambridge e coa colaboración da empresa Exodega. =s alumnos poden participar en probas de nivelación no mes de xaneiro para orientar os niveis aos que poden ter posibilidade de acceder.
Estas probas están aliñadas no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e teñen validez internacional. A actividade extraescolar de inglés, ofertada polo colexio, está orientada cara a preparación dos exames Cambridge, dende 3º de Educación Primaria ata 4º de ESO. Isto non quere dicir que sexa obrigatorio presentarse.
Poden presentarse alumnos, profesores e PAS aos seguintes niveis:
YLE(Young Learners English Test = Niveis A1 e A2). Destinados a nenos entre 7 e 12 anos. Teñen como obxectivo animalos e estimulalos na súa aprendizaxe do inglés. Existen 3 opcións:STARTERS - MOVERS-FLYERS
KET (Key English Test = Nivel A2): É un exame elemental que avalía a capacidade para desenvolverse no inglés falado e escrito de uso cotián.
PET (Preliminary English Test = Nivel B1): Céntrase na linguaxe escrita e oral de nivel intermedio orientado á contorna académica e laboral.
FIRST (First Certificate in English = Nivel B2): É un certificado de nivel intermedio alto que demostra a capacidade para afrontar con seguridade a comunicación oral e escrita en contextos de carácter profesional e técnico.
TKT (Teaching Knowledge Test): Deseñado especificamente para profesores. Outorga unha base sólida nas áreas principais de coñecemento necesarias para o ensino da lingua inglesa.
Exames oficiais en francés DELF
Dende o centro facemos a invitación aos alumnos da ESO para participar nas convocatorias dos exames oficiais DELF nos niveis de A1, A2 e B1. É tamén unha oportunidade para probar as súas habilidades lingüísticas nesta lingua a través da Alianza Francesa de Vigo e en coordinación co departamento de idiomas do centro.
O DELF (Diplôme d’études en langue française) é un diploma oficial internacional da lingua francesa expedido polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e xestionado, a nivel mundial, por France Éducation international ubicado en Sèvres, cerca de París.
A participación dos alumnos nos exames oficiais na lingua inglesa e francesa, son unha alternativa importante a ter en conta para os seus futuros estudos na etapa universitaria e laboral.