A atención ou estimulación temperá consiste en proporcionar ao neno as mellores oportunidades de desenvolvemento físico, intelectual e social para que as súas habilidades e capacidades lles permitan ser mellores do que serían sen ese ambiente rico en estímulos físicos e intelectuais de calidade. Levar ao neno camiño da excelencia.
Os nenos, cando comezan a escola, están nunha idade na que teñen maior plasticidade cerebral. A estimulación temperá axuda a fortalecer o corpo e desenvolver as emocións e a intelixencia dos nenos. Por iso, é importante que familia e escola vaian da man e introduzan actividades no seu “xogo” diario. Ademáis, dependendo da área de desenvolvemento que se vaia estimular, haberá que diferenciar entre Motricidade Grosa (grandes movementos do corpo, pernas e brazos), Motricidade Fina (movementos finos e precisos das mans e dos dedos), Linguaxe e Socioafectivo (capacidade para relacionarse cos demáis e expresar sentimentos).
Durante a etapa da Educación Infantil, nas nosas aulas, adicamos tempo a atención temperá mediante recursos para a estimulación da intelixencia para potenciar a:
Para conseguilo, e facer chegar os obxectivos a tódolos alumnos, empregamos actividades recreativas enmarcadas no método de Proxectos de Kilpatrick.
Tamén empregamos os Bits de Intelixencia; metodoloxía que se basa en mostrar información visual e auditiva de forma breve e rápida mediante fichas informativas.
E completamos o noso programa de atención temperá, cunha parte adicada por enteiro ao exercicio físico, que consta en actividades de gateo e arrastre, braqueación e equilibrio.