Este Plan Dixital de Centro é un instrumento favorece e impulsa o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe coma no resto dos procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado.
Edixgal é a aposta galega pola tecnoloxía en educación. Unha educación dixital que fomenta a investigación e o traballo colaborativo.
Neste contexto, os profesores e alumnos dos centros E-Dixgal desenvolven o seu labor educativo diario nunha contorna virtual de aprendizaxe que lles permite acceder a recursos dixitais. Deste xeito, os recursos dixitais convértense no principal elemento de traballo para profesores e alumnos, tanto dentro como fora da aula.
Fai clic na imaxe para consultar o Proxecto Edixgal do centro