Proxectos - Plurilingüismo

O noso proxecto plurilingüe parte da a necesidade de contribuír co bo desenvolvemento da expresión oral e escrita en diferentes linguas (inglés, galego, castelán e francés) e que os nosos alumnos poidan conseguir comprender coñecementos, poñelos en práctica e ao mesmo tempo aprender linguas especialmente estranxeiras como inglés e francés.

 

Plurinfantil

Nas idades temperás se sentan as bases para o aprendizaxe da lingua inglesa, os nenos aprenden durante a rutina a través de experiencias e xogos e ao mesmo tempo a facer uso da súa lingua materna, inglés e galego segundo momento cada día da semana.

Na etapa de infantil hai un incremento de 8 horas á semana repartidas en diferentes sesións da rutina xeral do día e que no caso da lingua inglesa se complementan con dúas sesións a semana de “speaking” co auxiliar de conversa e profesoras de infantil especialistas na lingua inglesa.

Obxectivos:

-Propiciar o inicio no desenvolvemento da lingua inglesa a través de experiencias motivadoras que contribúan a familiarizarse coa lingua estranxeira.

-Desenvolver a capacidade de expresión e compresión oral do neno a través do xogo empregando o inglés como medio vehicular en diferentes momentos da rutina.

-Sentar as bases para a continuidade do proxecto plurinlingüe na etapa de educación primaria.

-Desenvolver destrezas na expresión nas diferentes linguas.

Plurilingüismo na etapa de Primaria

Dende o curso 2015-2016 iniciouse o proxecto de plurilingüismo coas materias de Natural Science e Arts and Crafts para que os alumnos poidan adquirir coñecementos e ao mesmo tempo desenvolver habilidades na expresión oral e escrita a través da lingua inglesa.

Obxectivos:

-Formar en linguas estranxeiras á vez que en contidos non lingüísticos (aprendizaxe CLILL)

-Fomentar o dominio efectivo da lingua inglesa dentro da pluralidade lingüística e cultural na que formamos parte como centro educativo plurilingüe onde as linguas están presentes en cada experiencia de aprendizaxe.

-Desenvolver experiencias de aprendizaxes nas que os alumnos poidan mellorar as súas habilidades na expresión oral e escritas a través das diferentes linguas como medios para adquisición de coñecementos.

Seccións Bilingües na ESO e proxectos interdisciplinares

Os alumnos da ESO teñen sesións semanais na materia de Physical Education coa posibilidade de desenvolver proxectos nas diferentes aulas en colaboración noutras materias para dar continuidade ao desenvolvemento do proxecto plurilingüe do centro,

Obxectivos:

-Desenvolver proxectos educativos con temas da materia de educación física e que garden relación con outras materias como bioloxía ou plástica no deseño de propostas reflectidas ao coidado do corpo, hábitos saudables entre outros tópicos.

-Fomentar a aprendizaxe de aspectos culturais doutros países coa colaboración do auxiliar de conversa como unha forma de achegar novas culturas e costumes diferentes as propias.

-Facer un traballo interdisciplinar coa colaboración do equipo de profesores especialistas nas linguas estranxeiras para contribuír a adquisición de coñecementos e aprendizaxe noutras linguas.

Actividades que facilitan o desenvolvemento do proxecto plurliingüe no centro:

-Sesións semanais coa participación do auxiliar de conversa nas diferentes etapas.

-Convocatorias dos exames oficiais de Cambridge e DELF : promovemos a participacións dos alumnos en cada convocatoria de Cambridge en inglés e dos exames DELF en francés para vivir a experiencia e medir as súas habilidades na lingua inglesa e francés.

-Viaxes de inmersión lingüística: cada curso organizamos actividades de inmersión lingüística para os alumnos de 5º e 6º de EP e a ESO: as viaxes de inmersión lingüística son oportunidades para vivir experiencias e visitar outros países e localidades e ao mesmo tempo ter un contacto directo coa lingua estranxeira e facer uso da mesma na comunicación con persoas diferentes das habituais no centro.

- Aprendizaxe de Lingua Francesa en todos os cursos da ESO e preparación de exames oficiais (DELF).

- Aprendizaxe de Lingua Galega, con materias nesta lingua como: historia, ciancias sociais, bioloxía e xeoloxía...

 




@njpraga tweets