Servizos - Departamento de orientación

A orientación educativa constitúe un elemento de calidade que contribúe á educación integral do alumnado, achegando asesoramento e apoio técnico ao profesorado e ás familias, para atender á diversidade de capacidades e motivacións do alumnado.

As funcións do departamento de orientación están vertebradas en catro plans que definen as actuacións concretas que se levan a cabo ao longo da escolaridade do alumnado: A atención á diversidade, a acción titorial, as estratexias de aprendizaxe e finalmente, a orientación académica e profesional.

Entendemos por tanto a orientación coma unha tarefa inherente ao proceso educativo do alumnado. Entre as funcións específicas, destacamos a valoración das necesidades educativas individuais, a detección e intervención nas dificultades que interfiran coa aprendizaxe, e por outra banda, favorecer a prevención temperá de posibles dificultades dotando ao alumnado de ferramentas e estratexias persoais e académicas que faciliten o desenvolvemento de competencias persoais, emocionais, académicas e sociais. Entendemos tamén, que a atención do alumnado con necesidades educativas especiais, revierte necesariamente, no clima de convivencia, facilitando a motivación cara a aprendizaxe.

O departamento de orientación do noso centro escolar, esta formado por unha Especialista en Audición e Linguaxe, dous Especialistas en Pedagoxía Terapéutica e a orientadora.

Na Educación Infantil

Participación activa na aula dos máis cativos, nas xornadas de acollida e primeiras semanas no colexio, facilitando unha detección e intervención precoz de posibles dificultades na adaptación xeral.

Realización por parte da especialista de AL, do taller de Estimulación da Linguaxe Oral, levado a cabo na aula  para  a prevención e detección temperá de posibles dificultades da fala e da linguaxe.

Valoracións psicopedagóxicas cando é necesario, facilitando pautas de intervención ao profesorado e ás familias

Atención especializada do Alumnnado Con Necesidade Específica de Apoio Educativo (ACNEAE)

 

Na Educación Primaria

Lévase a cabo a valoración e apoio ó alumnado de nova incorporación nos diferentes curso

Asesoramento ao profesorado e familias  levándose a cabo as valoracións psicopedagóxicas individuais do alumnado derivado que o precisa

Intervención co  alumnado por parte das Especialistas en Audición e Linguaxe e Pedagoxía terapéutica

Titorías específicas para fomentar a convivencia e a cohesión de grupo, estratexías e técnicas de estudo, coordinación de Charlas da Policía Nacional nos cursos superiores (5º e 6º EP)

 

Na Educación Secundaria

Lévase a cabo a valoración e apoio ó alumnado de nova incorporación nos diferentes cursos, fomentando a adaptación e a integración no grupo-clase.

Nesta etapa, lévanse a cabo sesións de técnicas de estudo grupais en todos os cursos da ESO, reforzando as mesmas individualmente, cando é preciso.

Asesoramento ao profesorado e familias  levándose a cabo as valoracións psicopedagóxicas individuais do alumnado derivado que o precisa, facendo o consello orientador, xa en 2º da ESO, cando procede e incidindo en 3º e 4º da ESO. Neste último curso, aplícanse probas de Orientación Académica e Profesional, charlas e consello orientador individualizado., co obxecto de acompanar a elección do itinerario educativo máis adecuado a cada alumna /O

Igualmente, dáse especial importancia á convivencia escolar e á prevención de riscos no uso de internet, redes, etc




@njpraga tweets