Servizos - Uniforme

Na actualidade, o Equipo de Titularidade dos Centros Educativos Vicencianos unificou, para toda a Provincia o Uniforme escolar.

Saia de cadros segundo deseño aprobado e patentado pola Entidade Titular. Pantalón gris marengo con logotipo patentado CEV bordado segundo deseño aprobado pola Entidade Titular. 
Xersei azul de pico con bordado de logotipo patentado CEV .
Polo branco con colo marcado con dúas liñas de manga curta ou longa segundo a época do año, con bordado de logotipo patentado CEV. 
Calcetíns, medias ou leotardos gris marengo. 
Calzado negro ou azul marino tipo colexial. 
Mandilón en cadros de vichy azul con logotipo patentado CEV, desde Ed. Infantil 3 años ata  2º de Ed. Primaria.

                                 
 
ROUPA DE ABRIGO

Á hora de elixir a roupa de abrigo hai que ter en conta que cumpra cos obxectivos xerais do uniforme permítese unha gama de cores acordes co uniforme, isto é, azul mariño, negro ou gris marengo. Non está permitido outro xersei diferente ao do uniforme como roupa de abrigo. En caso de necesitar abrigo, impermeable, anorak,…, ha de ser en tons azul mariño, negro ou gris marengo. De ser cazadora vaqueira ha de ser azul escuro e sen debuxos. En caso de utilizar bufanda deberá ser predominantemente en azul mariño ou gris.

EDUCACIÓN FÍSICA E DEPORTE

O uniforme de Educación Física, só se pode utilizar para a clase de educación física, ou aquelas actividades que se requira. O uniforme comprende:  
Chándal segundo deseño aprobado pola Entidade Titular con bordado do logotipo patentado CEV. 
Camiseta branca con colo redondo estampado con bordado do logotipo patentado CEV.
Calzado deportivo branco.
Opcional para o bo tempo pantalón curto azul marino, con bordado do logotipo patentado CEV.
Calcetín branco de deporte.

Temos dispoñible como novidade e de maneria opcional unha sudadera gris con capucha co logo patentado CEV das Fillas da Caridade para 6º EP e os cursos da ESO.

                                                          

 

PUNTOS DE VENDA

El Corte Inglés

MERCA AQUÍ NA TENDA ONLINE "EL CORTE INGLÉS"

Uniformes Escolares Ruisell

MERCA AQUÍ NA TENDA ONLINE "RUISELL"

Mercería Rosalía de Castro (Vigo)




@njpraga tweets