Servizos - Venda de libros

O colexio ofrece a posibilidade de que as familias compren os libros de texto  no propio centro. O procedemento para a reserva-compra e pago dos libros será o seguinte:

  1. Enchendo e entregando a solicitude de reserva que estará dispoñible na administración do colexio ou ben enviarase a todas as familias a finais de maio ou principio de xuño.
  2. Se algunha familia desexa modificar ou anular dita solicitude, deberá de comunicalo antes da data límite de entrega de reservas.
  3. Para poder adquirir os libros de texto no colexio é necesario estar ao corrente de pago de todos os recibos.
  4. As reservas realizaranse por lote completo ou ben libros soltos.
  5. Unha vez realizada a reserva o colexio enviará ou entregará a cada familia o importe total do seu pedido. As familias deberán ingresar nunha conta do colexio, destinada para este fin, o importe total indicando o nome e curso do alumno.
  6. Os libros entregaranse ao alumnado durante os primeiros días de curso.

 

        

 




@njpraga tweets