Servizos - Actividades verán

ACTIVIDADES DE VERÁN


COLEXIO NIÑO JESÚS DE PRAGA-XIMNASIO KIAP

Queres que os teus fillos desfruten e aprendan en vacacións coa tranquilidade de saber que estarán ben atendidos? O Campamento de Verán Kiap é a solución que estás a buscar. Un campamento dirixido por profesionais con máis de dez anos de experiencia traballando con nenos. O campamento desenvólvese nas instalacións do Colexio Niño Jesús de Praga.

POR QUE ELIXIR O CAMPAMENTO DE VERÁN KIAP?

O noso campamento é un espazo de encontro e de convivencia, que ofrece aos nenos e nenas a posibilidade de gozar das vacacións mentres aprenden cousas novas e practican os seus deportes favoritos.
Durante esta experiencia, os nenos e nenas desenvolverán as habilidades positivas que o deporte achega como, por exemplo, disciplina, respecto, psicomotricidade ou traballo en equipo, mentres ven aumentada a súa autonomía e a confianza en si mesmos. Desta forma, créase un clima de entendemento e comprensión no que, tanto nenos como monitores, desenvolverán saudables lazos afectivos.

ACTIVIDADES DO CAMPAMENTO DE VERÁN

Actividades: Taekwondo, Kick Boxing, Danza, Multideporte (baloncesto, hóckey, fútbol…), Música e Teatro.
Actividades especiais: Yincanas Temáticas, Procura do Tesouro, Festa da auga, Atrapa a Bandeira…
Talleres: Educación Emocional, Manualidades, Reciclaxe, Ciencia e Natureza, Xogando coa comida, Xogos Populares e Igualando.
Excursións: Excursións semanais para aprender e divertirse. (As excursións non son obrigatorias e non están incluídas no prezo total do campamento).




@njpraga tweets