JMV é unha asociación xuvenil cristiá de formación humana, onde se asumen valores de colaboración para o ben común, axudando aos máis débiles da sociedade e sendo críticos co consumismo e a publicidade e así poder madurar e facerse adultos comprometidos.
JMV é consciente do seu "ser misioneiro". A nota misioneira ten un forte e atractivo contido para a xuventude de hoxe. Nós dende a asociación procuramos axudar en diferentes proxectos, como becas a estudantes en Guinea Ecuatorial, O Chad ou Mozambique; ou colaborando na construcción de colexios e centros educativos. Ademais de participar no noso propio barrio e na cidade con actividades solidarias como o Banco de Alimentos. Conseguimos os nosos obxectivos con emrcadillos solidarios, tómbolas misioneiras...
Un pouco de historia da Asociación Juventudes Marianas Vicencianas
Nace no ano 1830 e aprobada polo Papa Pío IX en 1847, establecéndose en todas as dióceses do mundo. Actualmente esténdese oficialmente por 48 países dos cinco continentes. Aproximadamente está formado no mundo por uns douscentos mil xóvenes. JMV é un proxecto cristiá con carisma vicenciano e está moi ligado ás Fillas da Caridade. A asociación está integrada por nenos, xóvenes, universitarios e traballadores. En España séguese un proceso a través de diferentes etapas: Infantís, Xuvenís e Xóvenes.
Actividades que realizamos
- Asamblea de centro JMV.
- Reunións cada quince díuas de formación e celebración.
- Festas: Milagrosa, Pascua, Nadal...
- Participación en campañas e proxectos solidarios: Banco de Alimentos, Campaña de Nadal, Becas a estudantes...