EDUCACIÓN INFANTIL
A Educación Infantil é a etapa educativa que atende a nenas e nenos desde o nacemento ata os seis anos coa finalidade de contribuír ao seu desenvolvemento integral e harmónico nas dimensións física, afectiva, social e intelectual. Está formado por dous ciclos educativos de tres cursos académicos cada un.
No noso centro acollemos a segunda etapa de Infantil, así o colexio dispón de tres aulas e outros espazos coa seguinte distribución:
- Unha aula para o alumnado de 3 anos.
- Unha aula para o alumnado de 4 anos.
- Unha aula para o alumnado de 5 anos.
- Un ximnasio e aula de psicomotricidade.
- Zona de xogos exclusiva con casiñas e parque infantil.
O ensino de Infantil no noso centro é plurilingüe; isto quere dicir que ademais de traballar en lingua castelá e en lingua galega, tamén temos a lingua inglesa como lingua vehicular oito horas máis do que marca o currículo, impartido por profesores especialistas e coa axuda dun auxiliar de conversa nativo. Grazas a isto os alumnos adquiren unha destreza maior durante esta etapa en lingua estranxeira. Cada clase está a cargo dunha mestra/titora que imparte a maioría das materias curriculares mentres que a psicomotricidade e a música están a cargo de mestras especialistas. Tamén contamos cun departamento de orientación que colabora estreitamente na actividade docente nesta etapa (psicóloga, especialista en Audición e Linguaxe e especialista en Pedagoxía Terapéutica).
Nosa proposta educativa persegue que os nenos e nenas sexan máis autónomos e felices. Por iso promovemos:
- Ensinanza individualizada; proporcionando un ambente de seguridade e afecto.
- Educación en valores.
- Traballo por proxectos.
- Metodoloxías activas e aprendizaxe significativo.
- Aprendizaxe de linguas, con auxiliar de conversa nativo.
- Formación no respecto aos dereitos dos demáis e no exercicio da tolerancia.
- Formentar a creatividade con actividades manipulativas baseándonos na súa propia experiencia.
Todo isto lévase a cabo a través das seguintes áreas, entendidas como espacios de aprendizaxe:
- Crecemento en harmonía.
- Descubrimento e exploración da contorna.
- Comunicación e Representación da realidade.
- Relixión.
- Inglés.
EDUCACIÓN PRIMARIA
Nesta primeira etapa educativa obrigatoria, o colexio centra os seus esforzos en acompañar aos alumnos no seu proceso madurativo; para iso, continúanse traballando as metolodoxías educativas que desenvolven e fomentan as capacidades de cada neno. A Educación Primaria é a etapa que comprende desde os 6 ata os 12 anos de edade.
A finalidade da Educación Primaria é proporcionar a todo o alumnado unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirir as habilidades culturáis básicas relativas á expresión e comprensión oral, á lectura, á escritura e o cálculo; así como desenvolver as súas habilidades sociais, os hábitos de traballo e estudo, o sentido artístico, a creatividade e a afectividade. Esta formación inclúe aspectos sociais, intelectuais e psicolóxicos, sen esquecer os aspectos afectivos tan importantes na infancia. Considerámola unha etapa fundamentalmente educativa. Durante a mesma, as nenas e nenos deben adquirir progresivamente unha sólida base para aprendizaxes posteriores.
A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, así como as TRIC traballaranse desde todas as áreas. Ademais se potenciará a Educación en Valores con especial referencia á educación na convivencia escolar, familiar e social.
O currículo de Educación Primaria está organizado nas seguintes áreas:
- Lingua e Literatura Galega.
- Lengua Castellana y literatura.
- Lingua estranxeira (Inglés).
- Educación Física.
- Matemáticas.
- Ciencias Sociais.
- Natural Science.
- Arts and Crafts.
- Música e Danza.
- Relixión.
EDUCACIÓN SECUNDARIA
A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) é unha etapa que abarca desde os 12 ata os 16 anos, fundamental na formación do noso alumnado, tanto a nivel persoal, psicolóxico como académico. O obxectivo fundamental é a formación integral e a atención personalizada a alumnos e familias, así como nos valores que nos distinguen. Buscamos a excelencia académica que cada alumno según as súas capacidades e intereses, poida alcanzar. Apoiamos e acompañamos o seu camiño, para un cada vez máis próximo e esixente futuro, de modo que poidan, formados coma persoas, saber seleccionar con madurez entre as opcións que se lles ofrecen. Na etapa de secundaria desenvolvemos e consolidamos as bases da cultura, hábitos de estudo e traballo, os valores necesarios para convertirse nun cidadán valioso e las capacidades que require o mundo laboral. Ante todo, preocúpanos formar persoas boas e felices nun entorno estimulante, próximo e seguro.
A etapa da ESO pretende garantir unha formación adecuada e integral, centrada no desenvolvemento das competencias clave. A aprendizaxe baseada nas competencias caracterízase pola súa transversalidade, o seu dinamismo e carácter integral. O proceso de ensinanza- aprendizaxe competencial debe abordarse desde todas as materias.
O alumno asumirá responsablemente os seus deberes e conocerá e exercerá os seus dereitos no respecto aos demais, practicanco a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre persoas. Exercitarase o diálogo afianzando os dereitos humans como valores da sociedade plural e se preparará para o exercicio da cidadanía democrática.
Se fortalecerá a súa capacidade afectiva en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas rechazando a incoherencia, os prexuizos, comportamentos sexistas e resolvendo pacíficamente os conflitos.
1º ESO |
2º ESO |
3º ESO |
4º ESO |
Lingua Castelá Lingua Galega Lingua Inglesa Matemáticas Educación Física Relixión/ Proxecto curricular Xeografía e Historia Libre disposición: Matemáticas/Lingua Castelá Tecnoloxía e Dixitalización 2º Lingua estranxeira: Francés Educación Plástica, Visual e Audiovisual Bioloxía e Xeoloxía Titoría |
Lingua Castelá Lingua Galega Lingua Inglesa Matemáticas Educación Física Relixión/ Proxecto curricular Xeografía e Historia Libre disposición: Matemáticas/Lingua Castelá Tecnoloxía e Dixitalización 2º Lingua estranxeira: Francés Música Física e Química Titoría |
Lingua Castelá Lingua Galega Lingua Inglesa Matemáticas Educación Física Relixión/ Proxecto curricular Xeografía e Historia Educación en Valores Éticos Bioloxía e Xeoloxía Física e Química Música Educación Plástica e visual Titoría Optativas: Francés Educación Dixital |
Lingua Castelá Lingua Galega Lingua Inglesa Matemáticas A/B Relixión/Proxecto Curricular Xeografía e Historia Titoría Optativas: Francés Educación Dixital Materias de opción: Física e Química/Bioloxía/Expresión Artística. Economía/ Latín/ Expresión Artística. Formación e orientación persoal e profesional/Tecnoloxía/Expresión Artística.
|