Servizos - Comedor

O horario deste servizo é de 13 a 15 horas e desde o mes de setembro ata xuño. O colexio dispón de cociña propia e de dous espazos de comedor independentes, un para os alumnos/as de Educación Infantil e outro para os de Educación Primaria e E.S.O.

O servizo de comedor, ademais de cumprir unha función básica de alimentación e nutrición, con menús estudados e aprobados por un nutricionista, desempeña unha destacada función social e educativa, por iso os alumnos/as están sempre acompañados e supervisados por coidadores e profesores, axudándoos cando o precisan.

O tempo libre ata que se incorporan ás clases da tarde é ocupado con diversas actividades segundo a idade: xogo libre, descanso, proxección de audiovisuais, actividades extraescolares (guitarra, inglés, Robotix...) ou tempo de estudo que aproveitan para repasar ou facer traballos e diferentes actividades didácticas.

 

Fai clic aquí para acceder á información do servizo de comedor.

Fai clic aquí para descargar o documento de información de alerxias e intolerancias.




@njpraga tweets