Coñécenos - Pastoral

A Pastoral nos Centros Educativos Vicencianos enténdese como a plataforma para impulsar e revitalizar a identidade vicenciana espíritu de Vicente de Paúl; fundador das Fillas da Caridade xunto con Luisa de Marillac, en toda a nosa acción educativa. Ámbolos dous volcáronse en atender aos máis vulnerables da sociedade. Máis que falar de Pastoral na escola, queremos falar dunha ESCOLA EN PASTORAL e por tanto, é o noso desexo implicar a toda a Comunidade Educativa na Acción Pastoral do Centro para acadar a formación integral do noso alumnado mediante a vivencia dos valores evanxélicos, cultivando actitudes de empatía, cercanía, solidariedade e servio, traballando a cometencia espiritual co noso alumnado. 

Queremos que a nosa Comunidade Educativa se caracterice principalmente por desenvilver condutas humanizadoras que nazan de decisións fundamentais e libres que logren transcender más aló do aparente. 

Queremos anunciar, de modo renovado, a novidade transformadora do Evanxeo a toda a Comunidade Educativa, dende o carisma vicenciano, como proxectos de vida persoal e comunitario, e coma un compromiso pola xustiza e cos máis pobres.

Educación en valores

Cada ano, as Provincias das Fillas da Caridade de España, comparten un mesmo obxectivopara todos os colexios das Fillas da Caridade. Este obxectivo educativo é unha chamada á procura persoal daquelo que nos enriquece, unha mirada positiva dende a que implicarnos na realidade do noso mundo a continuar transformándoo. Cada un destes valores trabállase anualmente a través das Xornadas de Sensibilización co alumnado e nas titorías con alumnos e familias. Uns anos traballamos o respecto, outros a solidariedade, o amor, a paz...

                          




@njpraga tweets